O pesadelo de Darwin. Especies invasoras en Galiza.

As veces paseando pola miña terra vexo paraxes cós cales non identifico. Paso pola pescaderia e vexo alí a vender ameixa autóctona, autóctona de que si é a xaponesa!! Non mais levanto a vista e miro para a praia, esta está chea de algazo tamén, xaponés. Miña nai que é xa maior preguntame: ” onde queda o Xapón Mario? Non está na outra punta? Eu señalolle a ela e o meu sobriño de dous anos o mapamundi. O rapaciño prefire xogar e non atender ao que lle digo, anda a marear un cangrexo americano que lle trouxo o pai da marea.

No monte un insulto, unha barbarie, terrorismo ecolóxico si quero resumir é ver para min tanto monte cheo de eucalipto, “colito” chamámoslle nos pola aldea. Unhas árbores que secan todo onde caen, que se reproducen peor cás gaivotas e o peor de todo, queima a terra e só florecen os putos colitos. Na miña terra de adopción, Ourense, que aínda queima mais que onde eu nacín, tamén temos un amigo foráneo un tanto peculiar e que dana tanto como os colitos. As mimosas ou acacias en castelán. As dúas foron prantadas pola súa rapidez para a reforestación e os seus usos industriaís, eran magníficos para as minas asturianas.

Logo recibido unha chamada, un amigo de sempre, cóntame que uns ecoloxistas de “pro” acaban de dinamitar a entrada da granxa de visón americano que hai no monte Castelo. 500 exemplares soltos polo monte campan as súas ancha deborando a nosa flora e fauna.

Eu non sei ata que punto Charles si fose galego, se sentiría defraudado.

Por Mario Martínez Lago

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s