O desastre do Prestige (NUNCA MAIS) dende os ollos dun neno de vila mariñeira.

Corría o ano 2002, era eu un pipiolo que comezara no Instituto de Muros. Dende facía uns dias notábase unha tensión no ambiente, na casa, o xornal, contaba cousas desfavorables sobre un barco petroleiro que andaba fedellando nas portas das nosas costas. Non tiña capitan, nin a bordo, nin na costa, xa que dende terra ninguén do poder sabia que facer, só mareaban a brúxula no seu rumbo. O peor, o drástico xa o coñecemos todas e todos. No punto cero, onde a morte reinou non había mais que negro, as praias de Carnota, Lira, Lariño e Louro eran negras. As praias das que nos vivimos, das que tanto presumiamos eran soamente negras. Non había mans suficientes para quitar tanto lixo, non había protestas que foran suficientes para derrocar o rexime. Habia só rabia e unha necesidade de facer algo ante o que estaba a suceder. Unha enchenta de persoas, a marea branca de voluntarios e voluntarias ivan cheganda ao pobo, hospedandose nos polideportivos, na casa do mar, algunha persoa ata en casas de veciños…Foron miles de persoas, eu lembroas ir e vir, en autobuses, en moto e ata andar dende Muros a Lira. Eran persoas fortes, amantes da natureza, e que amaron e aman hoxe en dia aínda a Galiza. Moitas destas persoas quedaron a vivir aquí, como Pelaio, un mozo, agora xa home, que logo de traballar limpando o puto chapapote durante case un ano, decideu casarse coa terra, a que tanto lle fixo chorar, a da que se prendeu de por vida. A que respetara e coidara por sempre, para os que veñen logo, a poden disfrutar como nos a disfrutamos, limpa, preciosas, virxenes as nosas costas! PRESTIGE NUNCA MAIS! INCOPPETENCIA NUNCA MAIS! MANIPULACIÓN NUNCA MAIS!

Por Mario Martínez L.

Anuncios

Río de muerte, catástrofe ecológica por la rotura de la presa de Aznalcóllar (1998)

https://www.youtube.com/watch?v=nS_tFoyqvVU#t=125

Como podemos ver ao longo deste visionado os desastres que suceden na natureza a maioría de eles veñen provocados polo ser humano, neste caso por diversas causa prodúcese a ruptura da presa a cal contiña residuos tóxicos dunha mina da localidade de Aznalcóllar o que supon que miles de residuos se desprazan ao seu aire polos rios da localidade poñendo en perigo tanto a persoas como animais e coma o parque natural de Doñana.

A consecuencia desta ruptura foi a contaminación da auga por suposto e polo tanto a morte de todos os animais que vivían e obtiñan alimento de este medio e por outro lado a contaminación do solo por culpa dos lodos os que deixou a auga e o que causou que a terra se contaminara e polo tanto acabara coa vida de moitos vexetais e non se puidera obter aproveitamento dos frutos.

Oscar Quintela González

La Ruta del Ébola

Neste árticulo podemos ver como por desgraza o derradeiramente importante neste mundo e o capital económico e se para conseguilo é preciso por en perigo a vida das demais persoas da igual, neste caso exponse como o ébola nace dunha situación con malas medidas de hixiene as cales foron causante da morte de numerosas persoas, e todo iso para abaratar costes e facer moito mais rentable a produción.

Como sucede na maioría dos casos é mais importante o capital que a vida.

Oscar Quintela González

NON A-76 pola Ribeira Sacra

Sin título

Nesta noticia podemos ver como o ayuntamiento de Nogueira de Ramuin se moviliza en contra da construción da A-76 pola Ribeira Sacra xa que esto suporía unha masacre contra a fauna e a natureza da zona ademais de que remataria cunha das zonas de gran interese turrístico e paisaxístico da provincia de Ourense sendo esto unha catastrofe ambiental.

Oscar Quintela González

Carlos Taibo: Decrecimiento. Pamplona, feb- 2009

http://www.youtube.com/watch?v=Fwj510pYXy4

Neste vídeo podemos ver como Carlos Taibo nos expon unha metáfora dun pescador, de como para algunhas persoas e moito mellor disfrutar do momento e das pequenas cousas e deixar de lado as ilusións capitalistas das cales moitas persoas nos enchen a cabeza posto que a situación dalgunhas persoas non quere decir que sexa ou vaia ser a situación de todas as demais persoas.

Por outro lado deixanos ver como as necesidades dos americanos non teñen porque ser as necesidades de todo o mundo, é decir, que porque uns necesiten utilizar o coche outros non o necesitan tan a miudo.

Finalmente emprega outras metáforas para facernos ver de que a sociedade dos últimos tempos non lle da nada a natureza senon que lle sacamos cousas e que a contaminamos.

Oscar Quintela González

Comentario Jose Luis Sampedro

https://www.youtube.com/watch?v=pftudoT5XmI&feature=player_embedded#!

Ao longo de este vídeo podemos ver como Jose Luis Sampedro nos explica a evolución do noso pais chegando duns capitalismo, a unha globalización e imperialismo, como pasamos de recibir inmigrantes a producir emigración e isto sucede porque o desenrolo que estamos intentando obter é imposible posto que a natureza non pode com tal desenrolo.

E a consecuencia de todo isto e que deixaremos un mundo no cal sera imposible sobrevivir e a principal causa de esto e a crise xa que e a principal desembocante de toda esta situación.

En definitiva seguimos dando mais importancia o capital que o medio ambiente e por desgraza cando queiramos cambiar esta situación xa sera demasiado tarde

Oscar Quintela González